Bases para el Plan de Acción de la Garantía Infantil Europea en España

19. Outubro 2021 Alertas

Este documento sintetiza as principais conclusións do estudo realizado para preparar o deseño dun Plan Nacional de Acción ( PNA) para a implementación da Garantía Infantil Europea en España.


UNICEF, Bases para el Plan de Acción de la Garantía Infantil Europea en España. Ginebra, UNICEF Europe and Central Asia Regional Office, 2021, 36 p.

Este documento sintetiza as principais conclusións do estudo en profundidade realizado para preparar o deseño dun Plan Nacional de Acción ( PNA) para a implementación da Garantía Infantil Europea en España. A revisión dos programas existentes nos diferentes niveis da administración do Estado (nacional, autonómico e local), permitiu identificar unha serie de iniciativas que mostran resultados prometedores no tratamento das diferentes manifestacións da pobreza en nenos, nenas e adolescentes. O estudo dos indicadores existentes, así como das súas carencias para realizar unha adecuada avaliación e seguimento das áreas de políticas incluídas na GIE permite propoñer unha batería de indicadores para a recompilación de datos, o seguimento e a avaliación da implementación da GIE en España.

https://www.unicef.es/sites/unicef.es/files/comunicacion/Bases_Plan_Accion_Garantia_Infantil_en_Espana.pdf