Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade, 2019

A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia oferta 185 prazas de campamentos de verán para persoas con discapacidade que se poden solicitar desde o 4 de abril ata o 3 de maio


A Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade convoca un ano máis os Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade. Permiten disfrutar, durante 10 días, dunha estadía socializadora e de convivencia, nun espacio lúdico, humano, integrador, formativo e seguro mediante o desenvolvemento de actividades dirixidas ao fomento de habilidades sociais, ao contacto coa natureza e o mar, ao coñecemento da propia cultura e á educación para a saúde.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 3 de maio.

Para calquera información relacionada cos requisitos das persoas solicitantes, prazos de presentación de solicitudes, etc. pódense consultar os seguintes documentos: Díptico, Cartel, Versión en lectura fácil, Informe médico e solicitude

https://politicasocial.xunta.gal/gl/recursos/plans-e-programas/campamentos-de-veran-especificos-para-persoas-con-discapacidade-2019

Existe tamén un folleto informativo en versión de lectura fácil:

https://politicasocial.xunta.gal/sites/w_polso/files/arquivos/programas/convocatoria_campamentos_disca_2019_lf_gal.pdf

https://libraria.xunta.gal/sites/default/files/downloads/publicacion/md-1convocatoria_campamentos_disca_2019_lf_gal.pdf