Centro de Documentación Hegoa. Boletín de Recursos de Información, nº49, 2016

17. Xaneiro 2017 Alertas

Xa se pode consultar o novo número do Boletín editado polo Centro de Documentación Hegoa e dedicado á Axenda 2030, a nova axenda internacional de desenvolvemento  aprobada pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas (AXNU) en setembro de 2015


Esta nova axenda internacional de desenvolvemento está contida na resolución “Transformar o noso mundo: a Axenda 2030 para o desenvolvemento sustentable”. Substitúe os Obxectivos de desenvolvemento do milenio (ODM) que estiveron vixentes entre 2000 e 2015, como conxunto de metas específicas sobre diversas cuestións de desenvolvemento. Nesta ocasión, a Axenda 2030 componse de 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) que, por un lado incorpora os ODM pendentes de alcanzar (loita contra a fame, reducir mortalidade materna e infantil, aumentar acceso a auga potable e saneamento básico, entre outros) e polo outro amplía o foco de atención sobre novas cuestións que non estaban contempladas anteriormente (acceso a enerxía, desigualdade de renda, crecemento económico e traballo decente, urbanismo e industrialización sostible, produción e consumo sostibles, loita contra o cambio climático, sociedades pacíficas e xustas, entre outras).

O autor, Pablo José Martínez Osés analiza a Axenda 2030 atendendo as súas pretensións transformadoras dos modelos de desenvolvemento vixentes. Descríbense as súas principais fortalezas, as súas contradicións e as notables ausencias produto da acción de actores globais segundo os límites que impón a actual distribución do poder global. A Axenda 2030 ten que ser interpretada politicamente para orientar os profundos cambios que pretende. Outras interpretacións en marcha impedirían alcanzar os Obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS), aumentando a ameaza global caracterizada pola exclusión e a insustentabilidade. Finaliza analizando os mecanismos de seguimento e os desafíos para a participación política durante a súa implementación.

http://boletin.hegoa.efaber.net/