Cómo favorecer el ejercicio de derechos y deberes de las personas mayores en los cuidados familiares. Guía de orientación

03. Febreiro 2021 Alertas

Esta guía busca que coidemos respectando e promovendo os dereitos das persoas coidadas sen esquecer os dereitos que teñen as persoas coidadoras


Ramos, C., Lorenzo, J. (eds. y coords.), Cómo favorecer el ejercicio de derechos y deberes de las personas mayores en los cuidados familiares. Guía de orientación. Serie: Guías de la Fundación Pilares para la Autonomía Personal n. 6, Madrid, Fundación Pilares, 2020, 93 p.

As persoas necesitamos coidados en maior ou menor medida ao longo da nosa vida. Con todo, parecese que non fixese falta “aprender a coidar”. Coidar require escoitar os desexos da persoa coidada. Pero á vez fai necesario saber expresar e demandar asertivamente (é dicir, con claridade e sen afectar os dereitos dos demais) o que se quere e pode facer por parte da persoa coidadora. Coidar require dunha capacitación, recoñecemento e validación da persoa á que coidamos para que a relación sexa da máxima calidade e igualdade. Tamén se precisa que quen coida sintan seguridade por ter a capacitación necesaria para coidar, e sexan recoñecidas no desempeño desta función. Esta guía busca que coidemos respectando e promovendo os dereitos das persoas coidadas sen esquecer os dereitos que teñen as persoas coidadoras.

https://www.fundacionpilares.org/wp-content/uploads/2020/12/GUI%CC%81A-FAMILIAS-CUIDADORAS_DIGITAL.pdf