El proceso de evaluación en salud mental. La atención al bienestar emocional y a la salud mental en la vida adulta de las personas en el espectro del autismo

25. Abril 2022 Alertas

O obxectivo xeral desta guía é facilitar orientacións que contribúan a mellorar a atención á saúde mental das persoas adultas no espectro do autismo.


Sevilla, R., El proceso de evaluación en salud mental. La atención al bienestar emocional y a la salud mental en la vida adulta de las personas en el espectro del autismo. Cádiz, Asociación Española de Profesionales del Autismo (AETAPI), 2022, 107 p.

O obxectivo xeral desta guía é facilitar orientacións que contribúan a mellorar a atención á saúde mental das persoas adultas no espectro do autismo. De maneira específica, preténdese: dar a coñecer e axudar a afrontar os principais retos que pode implicar a avaliación da saúde mental e a determinación dun diagnóstico; identificar os “sinais de alarma” que permitan detectar un problema de saúde mental da maneira máis temperá posible; e lembrar a información máis relevante que se debe recompilar e o que non se debe esquecer no proceso de avaliación da saúde mental. As recomendacións descritas, ilustradas a través de exemplos e experiencias reais, están baseadas na literatura científica, nas guías de boas prácticas do National Institute for Health and Care Excellence ( NICE) e a Scottish Intercollegiate Guidelines Network ( SIGN), e tamén na experiencia profesional e as demandas das propias persoas no espectro do autismo.

https://aetapi.org/wp-content/uploads/2022/02/GUIA-SALUD-MENTAL-2022.pdf