Estatísticas de Política Social. Censo de persoas con discapacidade

En cumprimento do PEA (Programa estatístico anual) de 2022 (Decreto 2/2022, do 13 de xaneiro, publicado no DOG núm. 13 do 20.01.2022) publicamos os datos de 2021 da operación estatística 2507-01- OE05 Explotación do censo de persoas con discapacidade.


O censo de persoas con discapacidade de Galicia refírese ao conxunto de persoas que teñen recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%. Serve de instrumento de planificación para elaborar as políticas de intervención na área da discapacidade.

A través deste censo pode obterse a seguinte información: tipo de discapacidade, física, intelectual, mental, sensorial e/ou enfermidades raras; tipoloxías de diagnóstico por cada grupo de discapacidade (distribuídas en 21 diagnósticos); distribución territorial da poboación con discapacidade; a estrutura de idade desa poboación; a súa distribución por sexo ou por grao de discapacidade, etc.

Neste enlace pode consultar os datos do ano 2021 e de anos anteriores:

https://politicasocial.xunta.gal/gl/recursos/publicacions/censo-de-persoas-con-discapacidade

https://politicasocial.xunta.gal/gl/areas/discapacidade/censo-de-persoas-con-discapacidade