Guía práctica para la intervención familiar

05. Agosto 2021 Alertas

Esta guía ten como obxectivo servir de axuda aos profesionais do ámbito da atención familiar nos servizos sociais e de protección á infancia.


Escudero, V., Guía práctica para la intervención familiar.2ª edición ampliada. Valladolid, Consejería de Familia e Igualdad de Oportunidades, Junta de Castilla y León, 2020, 434 p.

Esta Guía práctica quere ser un instrumento de axuda aos profesionais do ámbito da atención familiar nos servizos sociais e de protección á infancia. A necesidade de facer esta segunda edición ampliada é un claro indicador de que esta Guía foi unha ferramenta viva, amplamente utilizada dentro e fóra de Castela e León. A Guía funcionou como un mapa cheo de anotacións incorporado á caixa de ferramentas que teñen os profesionais que traballan con familias, tanto desde a administración como das entidades do terceiro sector.

Esta segunda edición ampliada nace en 2020 e incorpora nun só texto os dous volumes previos: La Guía Práctica para la Intervención Familiar publicada en 2009, e o segundo volume publicado en 2013 co subtítulo “Contextos cronificados o de especial dificultad”. Nesta nova edición, os capítulos están organizados en tres grandes apartados: (1) Fundamentos da intervención familiar; (2) Contextos de especial dificultade; e (3) Breve manual de supervivencia.

https://www.siis.net/es/documentacion/catalogo/Record/566170?utm_source=Boletines+de+actualidad+SIIS&utm_campaign=7261fb8105-boletin_siis&utm_medium=email&utm_term=0_17e0500026-7261fb8105-315103205

Se quere consultar o v. 1 pinche aquí

https://consaludmental.org/publicaciones/Guiapracticaintervencionfamiliar.pdf