Jóvenes y mercado de trabajo en España.

12. Xaneiro 2021 Alertas

O Consello Económico e Social de España analiza no seguinte estudo como a importante deterioración no mercado de traballo impactou de forma máis intensa sobre a poboación nova


Jóvenes y mercado de trabajo en España. Serie: Informes n. 02/2020, Madrid, Consejo Económico y Social de España, 2020, 273 p.
A rápida e profunda deterioración do mercado de traballo, temporalmente amortecida pola urxente adopción de determinadas medidas laborais, de protección social e de apoio financeiro, impactou de maneira intensa no conxunto da poboación ocupada pero, de novo, dunha forma máis pronunciada na poboación nova. Unha gran parte da ocupación destruída desde mediados do mes de marzo de 2020, proporcionalmente maior que no total de idades, e claramente por encima da que lle correspondería polo seu peso no emprego total, foi emprego de mozos, mentres que o crecemento relativo do paro entre as persoas novas foi maior que no total de idades e tamén superior ao seu peso no paro total. Como consecuencia, a taxa de paro xuvenil, que xa era máis alta que a xeral, aumentou de novo. O maior peso neles da temporalidade, unido á súa participación en sectores máis afectados polo cesamento temporal de actividades e á caída da demanda en numerosas empresas, especialmente pemes, motivaron que o axuste de emprego de carácter definitivo (sen contar o axuste temporal de emprego canalizado mediante ERTE) recaia máis intensamente na ocupación xuvenil.

http://www.ces.es/documents/10180/5226728/Inf0220.pdf