La soledad de las personas mayores. Conceptualización, valoración e intervención

04. Xullo 2018 Alertas

Presentamos este estudo editado pola Fundación Pilares sobre a soidade, un problema de saúde pública recoñecido por parte dos organismos internacionais que afecta en España a case dous millóns de persoas maiores de 65 anos.


La soledad de las personas mayores. Conceptualización, valoración e intervención / Pinazo-Hernandis, Sacramento e Nunes, Mônica Donio- Bellegarde . Madrid : Fundación Pilares para la Autonomía Personal, 2018. 175 p. – ISBN: 978-84-09-02639-5. Depósito Legal: M-18809-2018

Este estudo reflicte un dos principais problemas da sociedade actual que afecta a case dous millóns de persoas maiores de 65 anos no noso país: A soidade. Este fenómeno, ocorre principalmente entre as mulleres, sobretodo nas maiores de 85 anos xa que o 45 % delas vive en solitario. As persoas que viven soas dentro do grupo de maiores de 65 anos no seu conxunto, alcanza un 28,8% de mulleres e un 14,7% de homes e no grupo de maiores de 85 anos, as mulleres representan un 40,2% sobre un 23,9% de homes. A pesar de que España non alcanza as cifras doutros países do ámbito europeo, a situación crece día a día polos cambios sociodemográficos. No libro explícase a diferenza entre “vivir só ou soa”, “atoparse en illamento social” ou “sentirse en soidade”. Estes conceptos son fundamentais para poder actuar ante a problemática. Así mesmo achéganse instrumentos valiosos para poder avaliar o grao de soidade das persoas maiores e así poder desenvolver programas en función das súas necesidades e desexos tal e como propicia o modelo de atención integral e centrado na persoa. A soidade constitúe un grave problema de saúde pública, tal e como se recoñece por parte dos organismos internacionais e por gobernos como o do Reino Unido que creou unha carteira específica para afrontar este problema. A soidade debe ser un tema prioritario na axenda política, para evitar consecuencias que poden desembocar en graves situacións de dependencia que nos casos máis dramáticos chega á morte en solitario.

http://www.fundacionpilares.org/docs/publicaciones/fpilares-estudio05-SoledadPersonasMayores-Web.pdf