Normativa de ámbito social. Diario Oficial de Galicia (DOG). Marzo 2020

03. Abril 2020 Normativa

Recollemos para a súa consulta, normativa de ámbito social publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) en marzo de 2020.

Orde do 26 de febreiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución das clases B e C á mocidade galega, dirixidas ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento BS321A). (DOG nº 46, do 09.03.2020).

Extracto da Orde do 26 de febreiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución das clases B e C á mocidade galega, dirixidas ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento BS321A). (DOG nº 46, do 09.03.2020).

Resolución do 24 de febreiro de 2020, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural e adquisición de equipamentos ás entidades galegas no exterior, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento PR924C). (DOG nº 47, do 10.03.2020).

Resolución do 2 de marzo de 2020 pola que se convoca o curso monográfico Violencia de xénero na adolescencia. (DOG nº 48, do 11.03.2020).

Orde do 28 de febreiro de 2020 pola que se declara de utilidade pública á Asociación Participa para la Inclusión Social. (DOG nº 49, do 12.03.2020).

Resolución do 12 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza pola que se lle da publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de marzo de 2020, polo que se aproba o Protocolo de actuación para o persoal empregado público da Administración da Xunta de Galicia en relación co coronavirus COVID-19. (DOG nº 49-bis, do 12.03.2020).

Resolución do 12 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se lle dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de marzo de 2020, polo que se adoptan as medidas preventivas en materia de saúde pública na Comunidade Autónoma de Galicia, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19. (DOG nº 49-bis, do 12.03.2020).

Orde do 5 de marzo de 2020 pola que se amplía o crédito existente para a concesión das axudas previstas na Orde do 23 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a adquisición de vehículos adaptados a persoas con mobilidade reducida (eurotaxi), vehículos taxi de emisións cero e vehículos taxi eco, e se convocan para o exercicio 2020, mediante tramitación anticipada (código de procedemento IF303A). (DOG nº 50, do 13.03.2020).

Acordo do 11 de marzo de 2020, da Dirección Xeral de Mobilidade, polo que se establece a primeira expansión territorial do ámbito de aplicación da tarifa específica Xente Nova no transporte público interurbano da competencia da Xunta de Galicia. (DOG nº 50, do 13.03.2020).

Resolución do 13 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de marzo de 2020, polo que se declara a situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e se activa o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga) no seu nivel IG (emerxencia de interese galego), como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19. (DOG nº 50-bis, do 13.03.2020).

Resolución do 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19. (DOG nº 51, do 15.03.2020).

Resolución do 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, declarada polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do día 13 de marzo de 2020, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19. (DOG nº 51, do 15.03.2020).

Resolución do 24 de febreiro de 2020, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento PR905A). (DOG nº 52, do 16.03.2020).

Resolución do 11 de marzo de 2020, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica o requirimento de emenda da documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 30 de decembro de 2019 pola que se convoca o procedemento de selección dunha entidade privada sen ánimo de lucro para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións de medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, na provincia da Coruña. (DOG nº 52, do 16.03.2020).

Orde do 15 de marzo de 2020 pola que se adoptan medidas de carácter obrigatorio en relación co COVID-19 no ámbito dos servizos de transporte público regular interurbano de viaxeiros. (DOG nº 52-bis, do 16.03.2020).

Resolución do 9 de marzo de 2020 pola que se anuncia a convocatoria da primeira edición dos premios Valedora do Pobo aos mellores traballos fin de grao (TFG) e traballos fin de máster (TFM) en materia de igualdade e dereitos das mulleres. (DOG nº 53, do 17.03.2020).

Decreto 45/2020, do 18 de marzo, polo que se deixa sen efecto a celebración das eleccións ao Parlamento de Galicia do 5 de abril de 2020 como consecuencia da crise sanitaria derivada do COVID-19. (DOG nº 54-bis, do 18.03.2020).

Resolución do 21 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), do 21 de marzo de 2020. (DOG nº 56, do 22.03.2020).

Orde do 13 de marzo de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o fomento da gratuidade da atención educativa para segundos fillos ou fillas e sucesivos/as en escolas infantís 0-3 de titularidade privada, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento BS420C). (DOG nº 58, do 24.03.2020).

Extracto da Orde do 13 de marzo de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o fomento da gratuidade da atención educativa para segundos fillos ou fillas e sucesivos/as en escolas infantís 0-3 de titularidade privada, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento BS420C). (DOG nº 58, do 24.03.2020).

Acordo do 24 de marzo de 2020 polo que se establecen medidas preventivas no eido da sanidade mortuoria, como consecuencia da epidemia do COVID-19, na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG nº 60, do 26.03.2020).

Orde do 26 de marzo de 2020 pola que se autoriza a encomenda aos profesionais sanitarios de último ano de formación das restantes especialidades do exercicio provisional das funcións de facultativo/a adxunto/a especialista, enfermeiro/a especialista ou categoría profesional a que os habilite durante a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. (DOG nº 61, do 27.03.2020).

Resolución do 27 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 27 de marzo de 2020, sobre o mantemento da vixencia das medidas preventivas adoptadas na Comunidade Autónoma de Galicia en materia de saúde pública polos acordos do Consello da Xunta de Galicia do 12 e do 13 de marzo de 2020, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus. (DOG nº 61-bis, do 27.03.2020).

Orde do 27 de marzo de 2020 pola que se adoptan medidas excepcionais e temporais relativas á presentación de declaracións e autoliquidacións e ao pagamento de determinados impostos xestionados pola Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG nº 61-bis, do 27.03.2020).

Orde do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19, co levantamento dos prazos de suspensión do procedemento (código de procedemento ED601B). (DOG nº 62, do 30.03.2020).

Resolución do 30 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), do 30 de marzo de 2020, da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, declarada polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de marzo de 2020, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19. (DOG nº 63, do 31.03.2020).


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará