Servicios de Promoción de la Autonomía Personal – SEPAP. Revisión autonómica

09. Outubro 2017 Alertas

Presentamos este estudo elaborado por SIIS, Centro de Documentación y Estudios e editada polo Goberno de Navarra no que se dá una  visión ampliada das diferentes políticas que se están aplicando nesta materia nas diferentes comunidades autónomas.


SIIS Centro de Documentación y Estudios, Servicios de Promoción de la Autonomía Personal – SEPAP. Revisión autonómica. Pamplona, Departamento de Derechos Sociales, Gobierno de Navarra, 2017, 58 p

Este estudo ten como obxectivo identificar e describir os sistemas de promoción da autonomía persoal a nivel autonómico. Responde á necesidade da Axencia Navarra para a Autonomía e Desenvolvemento das Persoas (ANADP) de dispoñer dunha visión ampliada das diferentes políticas que se están aplicando nesta materia no Estado español.
O documento é consecuente con este obxectivo. Describe os sistemas ou modelos que existen nas diferentes autonomías para a configuración dos servizos de promoción da autonomía persoal; describe de forma máis detallada as características básicas destes programas e extráense os aspectos máis significativos dos devanditos sistemas para expor unha serie de conclusións que permiten un desenvolvemento e implementación destes servizos na Comunidade Foral de Navarra. Realizouse unha análise da lexislación autonómica na materia, que se completou co contacto directo de petición de información con cada unha das administracións competentes.
O informe recolle sintéticamente os aspectos máis relevantes en canto á prestación do servizo, criterios de acceso, intensidades na atención, perfil profesional e cocientes de persoal, xestión dos servizos, participación económica da persoa usuaria, prestación gratuíta ou suxeita a copago, número de persoas perceptoras e axustes prácticos dalgúns programas/centros destacados.

http://www.navarra.es/NR/rdonlyres/6C4A4142-42F4-499D-9E5D-AA8D94520C77/387004/RevisionautonomicaSEPAPInformefinal.pdf