Índice DEC. Índice de desarrollo de los servicios sociales 2018 / Índice DEC. Valoración del desarrollo de los servicios sociales por comunidades autónomas 2018 / Tablas de datos de cada indicador 2018

22. Maio 2019 Alertas

Un ano máis a Asociación Estatal de Directores e Xerentes en Servizos Sociais preséntanos o informe que trata de medir e avaliar o desenvolvemento dos Servizos Sociais que atenden as necesidades de máis de 8 millóns de persoas en España.


García, G., et al., Índice DEC. Índice de desarrollo de los servicios sociales 2018 / Índice DEC. Valoración del desarrollo de los servicios sociales por comunidades autónomas 2018 / Tablas de datos de cada indicador 2018. Madrid, Asociación Estatal de Directores y Gerentes en Servicios Sociales, 2019, 20, 202, 26 p.

Existen diversos estudos que miden e valoran a pobreza e a desigualdade, ou determinados aspectos relacionados coas necesidades sociais da poboación. Pero o Índice DEC é o único estudo que trata de medir e avaliar o desenvolvemento das estruturas e orzamentos dun Sistema, os Servizos Sociais que atenden as necesidades de máis de 8 millóns de persoas en España. O Índice DEC aplicouse por primeira vez en 2012; esta é a súa sexta aplicación. O Índice DEC aborda tres aspectos esenciais no desenvolvemento do Sistema Público de Servizos Sociais:
• D. de dereitos e decisión política
• E. de relevancia económica
• C. de cobertura de servizos