Informe del mercado de trabajo de las personas con discapacidad. Estatal. Datos 2016

27. Setembro 2017 Alertas
O Servizo Público de Emprego Estatal presenta un ano máis, mediante a súa páxina web (www.sepe.es), o Informe do Mercado de Traballo que se aborda desde unha perspectiva xeral e desde os colectivos de interese para o emprego: Novos, Mulleres, Estranxeiros, Persoas con discapacidade e Maiores de 45 anos, como parte dos estudos que vén desenvolvendo o Observatorio das Ocupacións co obxectivo de proporcionar ao usuario unha información completa e actualizada, facilitar o intercambio de información e achegar elementos de reflexión sobre o estudo de mercado de traballo
Xa se pode acceder ao informe elaborado polo Observatorio das Ocupacións sobre o mercado de traballo das persoas con discapacidade de 2016

Observatorio de las Ocupaciones, Informe del mercado de trabajo de las personas con discapacidad. Estatal. Datos 2016. Madrid, Ministerio de Empleo y Seguridad Social, 2017, 103 p.

O Servizo Público de Emprego Estatal, presenta, novamente, o Informe Estatal do Mercado de Traballo das Persoas con discapacidade na súa xa consolidada liña de traballo relativa á análise dos colectivos con dificultades de inserción laboral, no marco xeral dos estudos de mercado de traballo anuais. Esta publicación estrutúrase nunha serie de capítulos que teñen como finalidade presentar, de forma clara e sinxela, a situación do mercado de traballo a través das principais variables que o configuran, así como os cambios conxunturais e estruturais que mostra, sen esquecer a tendencia e evolución dos últimos anos. Esta publicación estrutúrase nunha serie de capítulos que teñen como finalidade presentar, de forma clara e sinxela, a situación do mercado de traballo a través das principais variables que o configuran, así como os cambios conxunturais e estruturais que mostra, sen esquecer a tendencia e evolución dos últimos anos. Partindo dunha panorámica da poboación en xeral e da situación laboral dos traballadores, faise unha análise dos cambios producidos nos sectores e actividades económicas en canto á demanda de emprego parada e a contratación de traballadores. Ofrécese, ademais, información específica sobre as ocupacións, unha breve referencia aos principais datos sobre o intercambio e mobilidade de traballadores, así como dos beneficiarios de prestacións, atendendo, tanto ao tipo de prestación, como ás características sociodemográficas destes perceptores, para finalizar cos datos máis significativos de emprego a nivel provincial.

https://www.sepe.es/contenidos/observatorio/mercado_trabajo/2814-1.pdf