Informe España 2018
Este informe ofrécenos unha fotografía da realidade social española desde unha perspectiva ampla e verdadeiramente panorámica de aspectos centrais da vida social do noso país.
INFORME España 2018 / Cátedra José María Martín Patino de la Cultura del Encuentro ; [coordinación e edición Agustín Blanco, Antonio Chueca, José Antonio López-Ruiz e Sebastián Mora]. — Madrid : Universidad Pontificia de Comillas, Catedra J.M. Martin Patino, 2018. — XXIX, 391 p. — D.L. M 35904-2018. — ISBN 978-84-8468-769-6.
Neste informe ofrécese unha interpretación global e comprensiva da realidade social española, das tendencias e procesos máis relevantes e significativos do cambio. O informe quere contribuír á formación da autoconciencia colectiva, ser un punto de referencia para o debate público que axude a compartir os principios básicos dos intereses xerais.