Informe sobre exclusión y desarrollo social en España (8º. 2019. Madrid)

04. Xullo 2019 Alertas

Este informe analiza as secuelas que afectan, en termos de cohesión social, ao período de recuperación económica actual así como os principais trazos que caracterizan o noso modelo social.


Fernández, G. (coord.), VIII Informe sobre exclusión y desarrollo social en España. Madrid, Fundación Foessa, Cáritas Española Editores, 2019, 598 p. D L M-19258-2019. ISBN: 978-84-8440-772-0

O VIII Informe FOESSA sobre exclusión e desenvolvemento social en España dá conta das secuelas do últimos dez anos en termos de cohesión social despois dun período de recuperación económica. Pero non renuncia á caracterización de como se produciu a transición do noso modelo social e en definir os seus principais trazos. É un informe da postcrisis, pero simultaneamente podería ser un informe da precrisis na que nos atopamos. No ano 2014 falabamos do crecente proceso de dualización social. Unha de cada catro persoas atopábase no espazo da exclusión social. Hoxe a recuperación económica e do emprego, aínda na súa versión precaria, conseguiu reducir a materialidade da exclusión, pero non a erosión do ámbito dos dereitos. Conseguimos reducir o espazo da exclusión, pero mantense por encima do existente no ano 2007.

https://caritas-web.s3.amazonaws.com/main-files/uploads/sites/16/2019/05/Informe-FOESSA-2019-completo.pdf