La gestión de la edad en las empresas. El envejecimiento de las plantillas

11. Xaneiro 2021 Alertas

A Fundación Edad & Vida publica este estudo cuxo obxectivo principal é poder analizar o grao de implantación das diferentes medidas de xestión do envellecemento nos cadros de persoal das empresas, así como difundir as boas prácticas existentes


La gestión de la edad en las empresas. El envejecimiento de las plantillas. Barcelona, Fundación Edad & Vida, 2020, 76 p.
Este estudo quere profundar na compresión e análise das implicacións do envellecemento da poboación nas empresas. É dabondo coñecido por todos que este cambio na distribución da demografía actual implicará, inevitablemente, a necesidade de realizar algúns cambios significativos en todos os niveis do funcionamento da sociedade, entre eles, no mundo laboral, se queremos manter e optimizar os estándares de benestar e calidade de vida alcanzados. O obxectivo principal do estudo é poder analizar o grao de implantación das diferentes medidas de xestión do envellecemento nos cadros de persoal, así como difundir as boas prácticas existentes.