L’impacte dels tràmits administratius en l’accés a les prestacions socials. Una perspectiva conductual

18. Maio 2022 Alertas

Este informe analiza os defectos normativos de catro prestacións sociais que se outorgan en Cataluña.


Costas, E., et al., L’impacte dels tràmits administratius en l’accés a les prestacions socials. Una perspectiva conductual. Barcelona, Taula d’Entitats del Tercer Sector Social de Catalunya, 2022, 102 p.

Este informe analiza os defectos normativos de catro prestacións sociais que se outorgan en Cataluña, así como as trabas dixitais e os pescozos de botella administrativos, que están a impedir que sexa unha axuda efectiva, é dicir, que cheguen ás persoas que son susceptibles de ser beneficiarias e que se concedan no tempo que corresponda.

As axudas analizadas son:

– Ingreso Mínimo Vital (Goberno español).

– Renda Garantida de Cidadanía (Goberno catalán).

– Prestación polo pagamento de débedas do aluguer (administracións locais).

– Axuda de emerxencia social para familias con nenos 0-16 anos (Concello de Barcelona).

O informe cualitativo detecta os principais obstáculos ou problemáticas que unha persoa pode atoparse no camiño de tramitación destas axudas sociais de emerxencia, desde coñecer, solicitar ou recibir a prestación. A análise acompañouse dunha perspectiva condutual para entender como os factores sociais, psicolóxicos e cognitivos afectan á toma de decisións da cidadanía.

https://www.tercersector.cat/sites/default/files/2022-03/t3s_2022-03-17_limpacte_del_tramits_administratius_en_lacces_a_les_prestacions_socials.pdf