Marola e os celtas

A Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica preséntanos este conto infantil no que se pon de manifesto a importancia das relacións avós/netos na transmisión de valores.


Marola e os celtas / Miguel Ángel Fernández Fernández. 1ª ed. – Santiago de Compostela : Xunta de Galicia, Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, 2018. [25] p. : principalmente il. cor. ; 22 x 30 cm.

Este conto ilustrado pon de manifesto a importancia que teñen os avós e avoas na transmisión de valores cara os máis pequenos da casa.

O autor do texto e das ilustracións achega os nenos e nenas ao pasado celta de Galicia a través dos ollos de Marela, unha nena que levada pola maxia e imaxinación se ve inmersa nesa época.

Con esta publicación, a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica pretende espertar a curiosidade dos nosos pequenos e propiciar hábitos de lectura desde idades temperás.

A tiraxe de 1.500 exemplares distribuirase entre os nenos, nenas e adolescentes atendidos por esta Dirección Xeral.