Mujer y madre: la doble penalización laboral

12. Abril 2021 Alertas

O obxectivo deste informe é cuantificar para mulleres e homes que forman parte da mesma parella, o impacto de vivir en parella e da chegada das/dos fillas/os tanto no acceso ao emprego, como na intensidade laboral.


De la Rica, S., et al., Mujer y madre: la doble penalización laboral. Serie: Informe Iseak n. 2021/2, Bilbao, Fundación Iseak, 2021, 40 p.

O mercado laboral español é un claro exemplo dos avances conseguidos na participación laboral das mulleres. A pesar desta converxencia, a desigualdade no emprego aínda está lonxe de erradicarse. Neste informe ISEAK móstrase a situación laboral de mulleres e homes en tres etapas das súas vidas: cando viven soas/sos, cando viven coas súas parellas pero non teñen fillas/os e cando, ademais de vivir coas súas parellas, son nais e pais. O obxectivo é cuantificar para mulleres e homes que forman parte da mesma parella, o impacto de vivir en parella e da chegada das/dos fillas/os tanto no acceso ao emprego, como na intensidade laboral. O principal resultado é que aínda que xa existe unha brecha de xénero en materia laboral que é previa á vida en parella, esta intensifícase ao vivir en parella, mesmo sen fillas/os, e agudízase aínda máis coa chegada de fillas/os. Se se compara a situación actual coa de 2007, a brecha en participación laboral descendeu, pero a brecha en horas traballadas, pola contra, aumentou.

https://www.siis.net/documentos/ficha/560766.pdf