O verán que mereces. Acción de Verán 2021

Baixo o lema O verán que mereces, comeza, un ano máis, a Campaña de verán de 2021 como unha iniciativa de ocio para a xuventude e como un recurso de conciliación da vida familiar e laboral.


A Xunta de Galicia ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal de carácter lúdico, cultural, deportivo, formativo, etc. Para iso, cada ano preséntase a Campaña de Verán, unha iniciativa ambiciosa que non só é unha actividade de ocio para os mozos e mozas galegos, senón que tamén é un recurso de conciliación da vida familiar e laboral.

Como xa ocorreu en 2020, as circunstancias derivadas da crise sanitaria da Covid-19 fan moi necesario poder ofertar un recurso de conciliación para as familias galegas e ofrecer alternativas de educación non formal para o tempo de lecer.

Baixo o lema  O verán que mereces, a Campaña de verán de 2021 da Xunta de Galicia oferta, durante os meses de xullo, agosto e setembro as seguintes accións:

• Campamentos en Galicia.

• Campos de voluntariado en Galicia e noutras comunidades autónomas.

• Programas de intercambios bilaterais con outras comunidades autónomas.

• Minicampamentos “Coñece Galicia”, de 5 días de duración.

• Uso de instalacións xuvenís por parte de entidades.

A información que se inclúe neste folleto fai referencia ás quendas dos campamentos que se realizarán en Galicia e ao programa de intercambios bilaterais con outras comunidades autónomas, regulados a través da Orde pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2021 e se procede á súa convocatoria. (ORDE do 10 de maio de 2021, publicada no DOG nº 92 do 19.05.2021) (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210519/AnuncioG0425-100521-0004_gl.html)

Pode descargarse o folleto pinchando no seguinte enlace:

https://libraria.xunta.gal/sites/default/files/downloads/publicacion/maq._def._campamentos_2021_26maio-2.pdf

A información está dispoñible na páxina web http://xuventude.xunta.es 

 

 

 

 

Etiquetas