O verán que mereces. Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade, 2021
A Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade organiza dentro da Campaña O verán que mereces, campamentos específicos para persoas con discapacidade.
Co obxectivo de que a inclusión social sexa unha realidade ao tempo que se favorece a interacción e a convivencia entre toda a mocidade, as mozas e mozos galegos con discapacidade, en función das limitacións que presenten, poderán decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas de inclusión.
Como documentos divulgativos da campaña publicáronse nas versións galega e castelán:
2 carteis, 2 folletos e outros dous en versión de lectura fácil
Cómpre lembrar que tamén existe a posibilidade de optar pola convocatoria de campamentos específicos para persoas con discapacidade da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, cuxa información se pode consultar en: