Protocolo sociosanitario para la promoción del buen trato y la detección e intervención ante el maltrato a personas mayores
Nova ferramenta editada polo Principado de Asturias que aborda todas as tipoloxías de maltrato (físico, psicolóxico…) así como técnicas para a súa detección e prevención.
Consejería de Servicios y Derechos Sociales, Protocolo Sociosanitario para la Promoción del Buen Trato y la Detección e Intervención ante el Maltrato a Personas Mayores. Serie: Documentos Técnicos n. 01, Oviedo, Gobierno del Principado de Asturias, 2018, 129 p.
Esta nova ferramenta foi elaborada desde as Consellerías de Servizos e Dereitos Sociais e de Sanidade do Principado de Asturias, xunto aos Servizos Sociais. Busca facilitar unha intervención coordinada entre as administracións e sistemas de protección, ademais de sensibilizar a profesionais, organizacións e á sociedade en xeral sobre a necesidade de tratar ben aos nosos maiores, previr e intervir ante calquera situación de malos tratos. A nova ferramenta aborda todas as tipoloxías de malos tratos: físico, psicolóxico, sexual, financeiro, neglixencia e abandono; e diferencia o ámbito social-comunitario, o relacional-familiar, e o institucional, establecendo en cada un destes os factores de risco a ter en conta para a súa detección e intervención. Ademais, salienta os factores de protección vinculados ao bo trato e propón ferramentas específicas para afrontar estes casos en todos os ámbitos, tamén cando se producen no ámbito familiar, onde queda máis oculto polos vínculos de afecto. A publicación componse dun documento marco e, no ámbito de servizos sociais, de dous guías de actuación: unha para os centros de servizos sociais e unidades de traballo social e outra para os centros, programas e servizos de atención a persoas maiores.