Retrato del voluntariado en España. Tendencias, experiencias innovadoras y cifras de un fenómeno reciente
Este estudo da Fundación Telefónica pretende describir o voluntariado formal en España e analizar as súas tendencias, tomando como base enquisas propias, unha revisión da literatura e consultas con especialistas.
Fundación Telefónica, Retrato del voluntariado en España. Tendencias, experiencias innovadoras y cifras de un fenómeno reciente. Madrid, Fundación Telefónica, 2019, 98 p.
Este estudo da Fundación Telefónica pretende describir o voluntariado formal en España e analizar as súas tendencias, tomando como basee enquisas propias, unha revisión da literatura e consultas con especialistas. Sendo menos completo e detallado que os informes do Observatorio do Voluntariado, trátase dun documento relevante para coñecer mellor unha actividade sobre a que escasean os estudos sociolóxicos específicos con perspectiva macro. Quizá a súa principal achega e interese estriba, con todo, nas 60 fichas de proxectos de voluntariado coas que ilustra as tendencias sinaladas, xa que este tipo de compilacións ―tan amplas, ademais― non son demasiado habituais en formato de informe. Cada ficha recolle os datos básicos da iniciativa, pero tamén os seus puntos fortes e incidencia social. Os proxectos seleccionáronse entre as 339 candidaturas presentadas á primeira edición dos Premios Fundación Telefónica ao Voluntariado (2018) e agrúpanse ao redor das oito tendencias detectadas: voluntariado en centros educativos; voluntariado de profesionais; novas formas de participación, medición e difusión derivadas da transformación dixital; voluntariado e redes sociais; voluntariado de proximidade; voluntariado de acompañamento; voluntariado en actividades de lecer; e voluntariado e desenvolvemento de competencias.
boletin_siis&utm_medium=email&utm_term=0_17e0500026-a7d8592bce-315103205