Barómetro juvenil 2019. Participación política y activismo
Este estudo, editado polo Centro Reina Sofía sobre Adolescencia e Mocidade, sintetiza os principais resultados dunha enquisa en liña sobre activismo e participación política realizada en España entre a xente moza de 15 a 29 anos.
Rubio, A., et al., Barómetro juvenil 2019. Participación política y activismo. Madrid, Centro Reina Sofía sobre Adolescencia y Juventud, Fundación de Ayuda contra la Drogadicción, 2019, 51 p.
Este estudo, editado polo Centro Reina Sofía sobre Adolescencia e Mocidade, sintetiza os principais resultados dunha enquisa en liña sobre activismo e participación política realizada en España entre a xente moza de 15 a 29 anos. De acordo cos datos obtidos, este grupo etario móstrase defensor do común, sendo o medioambiente e a igualdade entre mulleres e homes as cuestións que suscitan un maior compromiso. A confianza nas institucións é media ou baixa, e só catro delas superan o aprobado nas valoracións (a Policía, as Forzas Armadas, a Unión Europea e as oenegués). A satisfacción co sistema democrático só alcanza os 4,69 puntos de media. Nesta liña, resulta significativo que o 62,6% consideren a corrupción e a falta de transparencia como causa das desigualdades na sociedade española, unha percepción moito máis estendida que aquela que achaca ese fenómeno á dispar distribución dos ingresos (37,1%) ou a falta de oportunidades favorables (34,1%), por exemplo. En contraste coa súa alta desconfianza respecto ao sistema, o 73,8% opinan que a participación electoral é a modalidade de acción política pola que máis merece a pena implicarse, por encima doutras opcións, como asinar unha petición ou denuncia (58%), unirse a unha folga (56,2%) ou asistir a manifestacións e concentracións (52,4%). O papel das redes sociais na participación política esperta reaccións dispares, aínda que o 87,3% xulga que contribúen á democratización do debate público. Pasando das opinións aos feitos, cabe sinalar como o asociacionismo atrae a unha proporción relativamente reducida da xente moza: un exiguo 24,5% participa en grupos deportivos, culturais e de lecer, e un 14,7% faino en organizacións sociais ou de voluntariado. Por último, cando os datos da enquisa desagréganse por variables sociodemográficas, é preciso notar a existencia dalgunhas diferenzas significativas entre subgrupos de mozos, aínda que dentro de una certa homoxeneidade xeral .