Biblioteca inclusiva: modelo para proyectos bibliotecarios de inclusión social

20. Xaneiro 2022 Alertas

É un conxunto de ideas, pautas e instrucións para que os bibliotecarios realicen proxectos innovadores que axuden á integración social de colectivos que se atopan en situacións de precariedade e risco de exclusión.


Daysi Johanna Hernández…[et al.]. Biblioteca inclusiva: modelo para proyectos bibliotecarios de inclusión social. Ineli (International Network of Emerging Library Innovators) Iberoamérica. 60 p.

A biblioteca inclusiva responde a un conxunto de ideas, pautas e instrucións que debe servir a calquera profesional que traballe nunha biblioteca para deseñar e executar proxectos sociais innovadores, que potencien a súa capacidade e o impacto da biblioteca na súa comunidade.

En concreto, as liñas de actuación que propón o modelo focalízanse na execución de proxectos para a integración social de colectivos que, por circunstancias de carencia económica, déficit educativo, discapacidade, enfermidade ou privación de liberdade, se atopan en situacións de precariedade e risco de exclusión.

https://bibliotecariosinnovadores.com/wp-content/uploads/2018/08/Bibliotecarios-inclusio%CC%81n-social.pdf