Biblioterapia : lecturas saudables

18. Febreiro 2019 Alertas

Presentamos estas dúas interesantes publicacións elaboradas polo grupo de traballo do proxecto Biblioterapia, lecturas saudables e editada pola Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (Acis). Teñen como obxectivo principal revisar a evidencia científica do beneficio terapéutico e do benestar social das persoas a través da lectura e a discusión.


Biblioterapia: lecturas saudables / Grupo de traballo do proxecto Biblioterapia. Lecturas saudables. — Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade. Servizo Galego de Saúde. Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, 2018, 41 p. —  D L C 2041-2018

https://libraria.xunta.gal/sites/default/files/downloads/publicacion/guialibrosrecomendados.pdf

 

 

 

 

Biblioterapia. Lecturas saudables: Guía de libros recomendados / Grupo de traballo do proxecto Biblioterapia. Lecturas saudables. — Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade. Servizo Galego de Saúde. Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, 2018, 24 p. : il cor ; 24 x 21 cm. — D L C 2220-2018

https://libraria.xunta.gal/sites/default/files/downloads/publicacion/guialibrosrecomendados.pdf

 

 

 

O uso da lectura cun  obxectivo terapéutico e de desenvolvemento persoal chámase biblioterapia. . Está dirixida para que pacientes e familiares poidan entender e afrontar mellor os problemas de saúde e mellorar o seu benestar. Tamén ten por obxectivo ofrecer aos profesionais sanitarios unha recompilación bibliográfica consensuada e clasificada para que o seu labor como prescritores de lecturas sexa máis fácil e efectivo.

O primeiro dos títulos introdúcenos nos concepto de biblioterapia desde unha perspectiva histórica, teórica e práctica e descríbense as diferentes etapas que se levaron a cabo para desenvolver o proxecto, a metodoloxía de selección de textos e o plan de avaliación.

O segundo título céntrase nos 142 libros recomendados para apoiar o proceso terapéutico de trastornos e problemas moi variados

Esta coidada selección de lecturas está clasificada atendendo o tipo de trastorno e en función da idade do destinatario. Preséntase en dous grandes bloques

  • Libros de autoaxuda e psicoeducación para comprender e afrontar os problemas e recomendados polos profesionais sanitarios
  • Novelas e libros de non ficción: experiencias persoais, emoción e coñecementos sobre a vida nos que o paciente se pode ver reflectido

A clasificación do primeiro grupo é a seguinte:

Lista para adultos: Ansiedade, Autoestima, Autolesións, Depresión, tristeza, Dó, Desenvolvemento persoal, Educación fillos, Emocións negativas, Esquizofrenia, Estrés, Xeral, Obsesións/trastorno obsesivo compulsivo, Relación de parella e sociais, trastornos de alimentación, trastorno por estrés postraumático.

Lista para nenos: Ansiedade, Autismo, Síndrome de Asperger, Dó, Emocións negativas. Problemas para durmir, Rivalidade entre irmáns

En canto aos segundo grupo (novelas e libros de non ficción) a clasificación é a seguinte:

Lista para adultos: Libros para erguerse, Resiliencia, Sentirse diferente, Historia sobre soñadores, Toma de decisións, Infancias difíciles, Relacións tóxicas, Tristeza e outros males frecuentes, Clínica literaria.

Libros para xente nova: Libros para erguerse, Resiliencia, Sentirse diferente, Infancias difíciles

Propostas de pacientes: Listas para adultos, Listas para xente nova