Derechos humanos de las mujeres y niñas con discapacidad. Informe España 2018

13. Agosto 2019 Alertas

O informe pretende dar visibilidade á situación das mulleres e nenas con discapacidade en España respecto á protección, promoción e garantía dos seus dereitos humanos e liberdades fundamentais, con especial relevancia no dereito ao traballo digno.


Fundación Cermi Mujeres, Derechos humanos de las mujeres y niñas con discapacidad. Informe España 2018. Serie: Generosidad, Género y Discapacidad n. 10, Madrid, Fundación Cermi Mujeres, 2019, 116 p.

O informe pretende dar visibilidade á situación das mulleres e nenas con discapacidade en España respecto á protección, promoción e garantía dos seus dereitos humanos e liberdades fundamentais, con especial relevancia no dereito ao traballo digno. Neste aspecto, o documento parte do máis xeral ao máis particular. De maneira xeral, fotografa os avances internacionais e europeos do 2018 que impactaron de cheo nas mulleres e nenas con discapacidade. Repasa e fai unha análise final da lexislación estatal e autonómica máis relevante do 2018 relativa aos dereitos humanos das mulleres e nenas con discapacidade e, que, en busca dunha xustiza social, abraza en moitos casos a igualdade substantiva, a interseccionalidade e elabora mecanismos para loitar contra a discriminación e a desigualdade social nas mulleres con discapacidade. Por último, e en consonancia co 8 de marzo do 2019, o informe realiza un traballo de investigación sobre a situación real e actual das mulleres con discapacidade en relación ao acceso e dereito ao traballo digno.