Detectar la soledad durante el envejecimiento. Una guía.

15. Marzo 2022 Alertas

A guía está composta por cinco capítulos que se corresponden con cinco pasos fundamentais para a detección da soidade (“Recoñecer”, “Comprender”, “Considerar”, “Pescudar”, “Actuar”) e que pretenden atender a complexidade do fenómeno.


Martínez, R., Detectar la soledad durante el envejecimiento. Una guía. Serie: La soledad como fenómeno complejo n. 2, Observatorio de la Soledad, 2022, 62 p.

A soidade non desexada escóndese. Escóndese porque custa expresala, ocúltase porque está estigmatizada. É difícil vela porque, en moitas ocasións, se naturaliza como un feito asociado á idade. Con todo, cada vez máis, ocupa un lugar central no ámbito das intervencións e as políticas públicas, sendo coñecidos os efectos sobre a saúde física, psicolóxica e social da soidade non desexada, ao mesmo tempo que, cada vez máis, se comparte a idea de que loitar contra a soidade é unha aposta pola mellora da calidade de vida da persoa no seu conxunto.

Esta guía bebe do percorrido xerado durante máis de trinta anos de acompañamento emocional de Amigos dos Maiores a persoas maiores en situación de soidade. Ademais, xorde tamén do saber experto dos profesionais de proximidade, consultados polo Observatorio da Soidade de Amigos dos Maiores no marco da investigación “Pobreza e soidade. Visións desde o traballo en rede”, que nos indicaron os aspectos máis relevantes a ter en conta para identificar situacións de risco na súa intervención diaria.

A guía está composta por cinco capítulos que se corresponden con cinco pasos que son fundamentais para a detección (“Recoñecer”, “Comprender”, “Considerar”, “Pescudar”, “Actuar”) e que pretenden atender a complexidade do fenómeno. Ademais, ofrécese un instrumento breve, unha ferramenta, para dispoñer a mirada e a conversación cara á soidade (“Preguntar sobre soidade. Unha ferramenta”).

Os elementos que compoñen esta guía sitúan o vínculo interpersoal como o principal campo de acción, xa que é o espazo onde emerxe a expresión da soidade. Esperamos que sexa útil para construír unha intervención contra a soidade non desexada que poña as persoas no centro e que recoñeza o papel capital dos e das profesionais que atenden e acompañan día a día, desde a proximidade e a acción comunitaria, ás persoas maiores.

https://amigosdelosmayores.org/es/detectar-la-soledad-durante-envejecimiento-una-guia