O verán que queres contar. Acción de Verán, 2022. Campamentos (dos 9 aos 17 anos)

Un ano máis, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado organiza dentro da súa campaña Acción de Verán 2022, a súa oferta de campamentos para nenos dos 9 aos 17 anos


A Xunta de Galicia ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal de carácter lúdico, cultural, deportivo, formativo, etc. Para iso, cada ano preséntase a Campaña de Verán, unha iniciativa ambiciosa que non só é unha actividade de ocio para a xuventude galega, senón que tamén é un recurso de conciliación da vida familiar e laboral.

Baixo o lema O verán que queres contar, a Campaña de Verán de 2022 da Xunta de Galicia recupera a normalidade tras a Covid-19 e oferta, durante os meses de xullo, agosto e setembro, as seguintes accións:

  • Campamentos en Galicia.
  • Campos de voluntariado en Galicia, noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.
  • Programas de intercambios bilaterais con outras comunidades autónomas.
  • Minicampamentos “Coñece Galicia”, de 5 días de duración.
  • Uso de instalacións xuvenís por parte de entidades.

Serán, en total, 10.827 prazas, o que supón a maior oferta da historia destas actividades de verán programadas polo Goberno galego. O prazo de presentación solicitudes abrirase, para unha parte dos programas, o próximo mércores 18 de maio.

CAMPAMENTOS (dos 9 aos 17 anos)

As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diversas quendas de entre oito e doce días de duración durante os meses de xullo, agosto e setembro.

Pódese escoller o campamento que se queira en función da idade e das actividades que se leven a cabo nel: actividades diversas que van desde a náutica, deportiva, ambiental, artística, patrimonial vinculada ao o Camiño de Santiago, científica, agrícola, etc.

Normativa;

Oferta de prazas xuvenís

Instalacións xuvenís

Prazo de presentación de solicitudes: desde o mércores 18 de maio.

Presentación de solicitudes:

  • Anexo II Solicitude individual. Procedemento xeral BS303A. Galego |Castelán
  • Anexo III Solicitude múltiple. Procedemento xeral BS303F. Galego |Castelán
  • Anexo IV Solicitude individual. Prazas reservadas para inclusión. Procedemento BS303G. Galego |Castelán
  • Anexo V Solicitude múltiple. Prazas reservadas para inclusión. Procedemento BS303H. Galego |Castelán

Máis información:

 

Consulta aquí toda a información dos campamentos, tanto dos que se programan en Galicia como das opcións para galegos/as noutras comunidades autónomas:

Información dos campamentos